🙌 SPANISH INTERNATIONAL JUNIOR 2025 🙌
- Federación Gallega de Badminton
- 10 jun
- 1 Min. de lectura
👉🏻Adrián Rodríguez caía fronte ao número 5 do individual masculino, levándoo ata a terceira manga cun gran nivel de xogo. Xoel Álvarez faría o propio fronte a un volantista checo e Iker Rodríguez caía en primeira rolda.
Adrián e Xoel, na modalidade de dobres masculino, fixeron un bo partido fronte aos seus rivais polacos, pero remataron caendo en dous sets moi axustados.
🏸 Carmen Carro superaba á xogadora que partía como número nove do individual feminino, avanzando á seguinte rolda na que non puido acadar a vitoria. Onde si o fixo foi en dobres feminino xunto a Sofía García, coas que se meteron en cuartos de final con vitorias moi importantes e cun gran nivel de xogo.
Carmen e Iker Rodríguez non conseguiron avanzar de rolda nun partido complicado e fronte a uns rivais de gran nivel en dobles mixtos.
💥 As coruñesas Sara del Castillo e Inés Poncela estiveron a piques de dar a sorpresa e derrotar ás número un do torneo en dobres feminino, cun partido que se decidiu pola mínima na terceira manga.
👏 Iziar Barcala, estradense, metíase en oitavos de final tras dúas vitorias de moito mérito. Non puideron facer o mesmo Sara del Castillo e Inés Poncela, que caerían en roldas previas de individuais.
💪🏼 Iziar e Raúl Bergua, conseguiron o pase a oitavos onde perderían cos alemáns número 3. Este último avanzou dúas roldas de individual, meténdose en oitavos de final!
🎉 Noraboa a todo o equipo! Seguimos!
Comments