top of page
Buscar
  • Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

SPANISH JUNIOR INTERNATIONAL

Novo torneo internacional de alto nivel disputado en El Campello onde os nosos xogadores e xogadoras competiron esta pasada fin de semana.


Basilio Porto do CB As Neves caería na terceira ronda despois de superar dous partidos moi disputados.


A xogadora do CB As Pontes Nikol Carulla quedaría a un paso das semifinais plantando cara a xogadora tailandesa que finalmente sería a vencedora do torneo. O mesmo camiño seguiría en dobres femeninos, de novo rozando o pase as semifinais fronte unha parella tailandesa que vencería na final.


Ana Nóvoa do CB Athlos, caería en dobres femininos fronte a súa compatriota Nikol mentres que en individual quedaría na primeira ronda cedendo nun partido complicado fronte a xogadora escocesa. Igual resultado en dobres mixtos onde, xunto a Nacho Frances, cederían pola mínima na primeira ronda da competición.


Rodrigo Sanjurjo do CB As Pontes non poido acudir a competición por mor dunha lesión, dende aquí desexámoslle unha pronta recuperación.


Noraboa polos resultados e seguimos traballando!🏆





6 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page