top of page
Buscar

TOP Máster n2 -Absoluto - San Lorenzo de El Escorial

  • Foto del escritor: Federación Gallega de Badminton
    Federación Gallega de Badminton
  • 31 oct 2023
  • 1 Min. de lectura

Ana Nóvoa, Antonio Iglesias e Rodrigo Sanjurjo competiron esta fin de semana no Máster N2 Absoluto en San Lorenzo del Escorial (Madrid). Os xogadores do CB Athlos, Ana e Antonio, quedarían a un paso de entrar no medalleiro alcanzando os cuartos de final na modalidade de individual e caendo en partidos de alto nivel que se decidirían cun marcador moi axustado.


Por outra banda, Rodrigo, do CB As Pontes, caería na fase inicial de grupos en dobres masculino nada máis e nada menos que contra Pablo e Javier Abián nun encontro que se decidiría na terceira manga favorable a parella rival e que deixaba sen opcións de pasar ao cadro principal a Rodrigo e ao seu compañeiro Marc Cardona.


Unha mágoa voltar sen medallas nesta ocasión, pero seguimos en loita e traballando duro!🔥🍀🏸





 
 
 

Comentarios


image.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
  • White Instagram Icon
  • White YouTube Icon
Recurso 1.png

Financiado pola Xunta de Galicia - Secretaría Xeral para o Deporte, a través do Convenio de colaboración coas federacións deportivas galegas para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para o ano 2025

bottom of page