top of page
Buscar
  • Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

TRES MEDALLAS GALEGAS NA LIGA NACIONAL DE BÁDMINTON

O pasado fin de semana tiveron lugar as xornadas finais das distintas categorías da liga nacional de bádminton nas que os equipos galegos realizaron un gran rendemento ao conseguir tres medallas. 🥇🥉🥉


Na categoría de Primeira Ouro chegamos á última xornada con todo por decidir. O CB Athlos afrontou dous duros partidos, o primeiro deles ante o Oviedo B, ao que marcaría os tres primeiros puntos da xornada (5-2), e disputaría o último partido ante o CB As Neves, levando o derbi galego no peto pola mínima (4-3). Deste xeito, os ourensáns acadan a terceira posición e soben ao podio para recoller a medalla de bronce🥉 sumando un novo capítulo na súa historia.


O CB As Neves tería unha xornada complicada con dous encontros moi axustados nos que finalmente non conseguiu sumar. Tras un 2-5 ante o Caser Grupo Helvetia e o mencionado 3-4 ante o CB Athlos, caeron ao quinto posto tras unha moi boa tempada e asegúranse un ano máis na segunda máxima categoría do bádminton español.


Na liga Primeira Bronce, o gran protagonista da xornada foi Rosalia Peixes Vimar, que acadou o título de Campións de Liga cun pleno de vitorias. Os rosalianos disputaron a última xornada no escenario perfecto, Baiona acolleu a que sería a conquista do título e viu como todo o equipo celebraba o ascenso a Primeira Prata. Gran traballo e moi bo rendemento.


O Club del Mar de San Amaro, cun equipo integramente da casa, logrou a terceira posición e a medalla de bronce 🥉completando unha espectacular racha de vitorias. E é que os coruñeses, que na primeira xornada sairían con dúas derrotas, souberon remontar para evitar perder outro partido en toda a liga e sumar así unha racha de nove vitorias consecutivas.


Por último, dende a Federación Galega de Bádminton queremos dar os nosos máis sinceros parabéns aos 5 equipos galegos, sumando o CB Ravachol, pola gran tempada e animámolos a seguir acadando éxitos! Comeza a posta a punto para a próxima tempada! 🏸🙌



10 visualizaciones0 comentarios
bottom of page