Final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas que remata cunha prata e cun bronce para as seleccións cadete e infantil respectivamente.
Tras a xornada de infarto vivida no día de onte fronte a Baleares, os nosos cadetes conseguían o pase á final onde esperaba Andalucía. O encontro comezaba moi igualado e chegaría ao partido final con todo por decidir, o Individual Masculino 1 decidiría o novo Campión de España desempatando o 3-3 que había no marcador.
A sorte deste intre non estivo do noso lado, e Andalucía levaríase o título pola mínima. Felicitacións polo triunfo.
Por outra banda, os infantís lograban a medalla de bronce vencendo a Andalucía por 4 a 3 nun novo encontro moi igualado e emocionante ata o final.
Vámonos cun sabor agridoce, por non conseguir ese ouro que todos desexábamos e que chegamos a rozar pero, por outra banda moi contentos co gran nivel dos nosos volantistas e demostrando a que nivel está Galicia.
Un ano máis onde colocamos as duas seleccións entre o top 3 de todas as comunidades autónomas de España. Todo un éxito sen ningunha dúbida que mostra o gran traballo que se está a realizar.
Gran parte destos éxitos tena o corpo técnico do que non nos esquecemos! Grazas pola gran labor que levades a cabo e por acompañar e estar ahí cos xogadores cando vos precisan.
Solo queda agradecer a todo o bádminton galego o gran traballo que realizamos e que estos triunfos tamén son vosos! Grazas a todos os integrantes da Seleccións e grazas por deixalo todo na pista! Lumeee🔥
Comments