top of page
Buscar
  • Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

🏸VICTOR Latvia International 2023🏸

👟De volta as pistas neste novo mes de Setembro, os xogadores galegos Lucia Rodriguez e Jacobo Fernández, do Cb As Neves e do CB Cíes respectivamente, desprazáronse ata Riga, capital de Letonia 🇱🇻 para a disputa dun novo torneo internacional.


A nevense Lucía, acadaría a ronda de semifinais en dobres mixtos xunto a Rubén García, onde caerían pola mínima contra a parella francesa🇫🇷 que chegaba como cabeza de serie número dous. Un partido moi axustado que se definiría na última manga por un 21-17 a favor dos galos. Quedámonos coa medalla de bronce 🥉 conseguida que nos deixa ver que isto solo é o comezo!


Por outra banda, en dobres masculino, Jacobo Fernández e Daniel Franco lograrían un gran quinto 5️⃣ posto quedando a un paso de traerse para España 🇪🇸 a medalla de bronce.


Isto non para! A seguir traballando e noraboa a ambos!💪🏼🔥🏸

.

.

.





1 visualización0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page