top of page
Buscar

Brilla o talento galego no Máster N3 Sub13 e Sub17 en Nigrán

Foto del escritor: Federación Gallega de BadmintonFederación Gallega de Badminton

O pavillón de Nigrán foi o escenario perfecto este fin de semana para acoller o Máster N3 Sub13 e Sub17, organizado polo Club Escola Rosalía, que se converteu nun gran anfitrión dunha cita que reuniu xogadores e xogadoras de toda España. O torneo deixou unha colla de grandes resultados para o bádminton galego, con numerosas medallas que destacan o talento da nosa terra.


Na categoría Sub13, Álvaro Gómez brillou



ao lograr un espectacular dobrete de ouro. Impúxose na modalidade de individual masculino e repetiu triunfo en dobres mixtos xunto á súa compañeira Telma Ruso, que tamén protagonizou unha actuación destacada. En individual feminino, as irmás Lemos foron as grandes protagonistas, ofrecendo unha final vibrante que rematou coa vitoria de Inés, sumando dúas medallas máis para o medalleiro galego.


Ethan Busto e Hugo Blanco, do CB Athlos, acadaron unha meritoria prata en dobres masculinos, mentres que en dobres femininos Telma Ruso, xunto a Zoe Catalina, colgáronse outra prata. A pontevedresa Suevia García, facendo equipo con Vega López, alcanzou a cuarta posición nunha categoría moi competida. Por último, Eva Lemos sumou unha prata máis en dobres mixtos ao lado de Eneko Rodríguez, pechando unha xornada espectacular para os galegos nesta categoría.


Na categoría Sub17, Darío Míguez, do CB A Estrada, tamén destacou con dúas medallas: a prata en dobres masculinos e o bronce en individual. Pola súa banda, a coruñesa Sara del Castillo logrou un bronce en individual feminino e, xunto a Inés Poncela, acadou o ouro en dobres femininos tras vencer nunha final galega chea de emoción. Nesa mesma final, Maia Freire e Xulia Otero foron unhas rivais á altura, levando a medalla de prata tras un gran papel.


🎉 Noraboa a todos os xogadores e xogadoras polos grandes resultados acadados e, por suposto, ao Club Escola Rosalía pola excelente organización dun evento que unha vez máis puxo en valor o alto nivel do bádminton galego.


17 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


image.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
  • White Instagram Icon
  • White YouTube Icon
Recurso 1.png
bottom of page